venres, 28 de febreiro de 2025

Modelos de xeración de imaxes

  • Clasificación dos Modelos



As imaxes que se presentan son exemplos de composicións xeneradas por intelixencia artificial, nas que se combina a realidade e a fantasía de maneira creativa.  

A análise das imaxes permite observar como distintas ferramentas de IA logran crear composicións visuais únicas, aínda que tamén presentan algúns erros ou inconsistencias que revelan as limitacións tecnolóxicas e artísticas destas ferramentas.

O prompt que lle pedín os distintos modelos foi que fixera unha imaxe na que aparecera sobre o avión centos de polos tocando instrumentos e que no fondo houbera nubes negras.



Primeira imaxe; 

  • Modelo do que o saquei: Adobe Firefly
  • Erros que lle atopo a imaxe:
    • Os polos están demasiado organizados en filas perfectas, o que non é natural.
    • Ademais non lle puxen que fora realista pero aquí parece que o avión é real.

  • Opinión sobre este modelo:Dentro do que cabe puxo o que lle pedín;Podría estar mellor pero aínda así a imaxe é aceptable. Ademais é un modelo fácil de utilizar e non tiven problemas cos créditos deste modelo. A este voulle dar un 6,5/10.




Segunda imaxe:

  • Modelo do que o saquei: MidJourney
  • Erros que lle atopo a imaxe: a verdade é que o modelo está moi ben non teño moito que criticar a este modelo pero algo que me pareceu raro foi o avión xa que ten un tamaño bastante pequeno ,pero é verdade que non lle puxen que tamaño tiña que ter o avión; polo demais está moi ben.

  • Opinión sobre este modelo: Igual que outro este foi un modelo que puden manexar fácil xa que che indicaba moi ben onde buscar as cousas,crear imaxes e ata ver outras imaxes de referencia. Falando da imaxe impresionoume bastante os detalles deste modelo como os detalles das nubes,dos polos e do avión. Para mín este foi un bo modelo por iso voulle dar un 9,5/10.


Terceira imaxe:

  • Modelo do que o saquei: Dalle-E
  • Erros que lle atopo a imaxe: Esta imaxe pareceume un pouco estraña;Primeiro fallo que lle atopo é que alguns polos están flotando sen abrir as súas ás, e  a outro que lle atopo é que o avión ten unhas gafas na parte frontal.

  • Opinión sobre este modelo:A mín este modelo pareceume bo,xa que en realidade os fallos que tivo non foron moi importantes xa que si lle dis os fallos que tivo arreglase moi fácil.Os detalles desta imaxe foron tamén bos pero son un pouco peores co modelo anterior,por iso voulle dar un 8/10.






Cuarta imaxe:

  • Modelo do que o saquei: Leonardo Ai
  • Erros que lle atopo a imaxe: Para mín esta imaxe non tivo tantos fallos pero un deles é que os animais que están arriba do avión non son polos se non gansos e ademais son moi grandes.Por último non están tocando instrumentos cousa que lle pedín que fixeran polo demais está ben.

  • Opinión sobre este modelo: Este modelo pareceume un dos peores recopilando os datos que lle dis pero foi un dos mellores facendo o fondo que eso é un punto a favor para puntuar sobre este modelo.


     Conclusión: A verdade esta experiencia probando os distintos medelos de xeración de imaxe pareceume boa xa que puden aprender máis sobre este tema da tecnoloxía; a verdade é que pareceronme moi bos todos os modelos pero destacaría Midjourney polos detalles da imaxe.