Mellora de resolución de imaxes
Neste traballo vou comentar os distintos modelos de imaxes para cambiar a resolución da imaxe que se atopa arriba.
DALL-E: é unha intelixencia artificial deseñada para xerar imaxes a partir de descricións textuais, pero non pode aumentar a resolución de imaxes existentes. Para mellorar a calidade dunha imaxe, é mellor recorrer a software específico de escalado e restauración.A parte de todo esto recomendoume outros tipos de modelos como Topaz Gigapixel AI ou Waifu2x,para mellorar a nitidez ou os detalles sen alterar a imaxe orixinal.Solo que hai que pagar para utilizalas.
Para mín este modelo non cumpleu os requisitos que lle pedín así que voulle poñer un 2/10.
Stable Diffusion:O modelo de creación de imaxes Stable Diffusion non pode mellorar a resolución das imaxes de forma directa. O que fai é cambiar a imaxe, modificando algúns detalles ou estilo, pero non logra aumentar a súa calidade ou definición de maneira significativa. Ao traballar cunha imaxe de baixa resolución, o modelo só pode adaptala ou xerar novas versións que manteñen a súa resolución orixinal ou a alteran lixeiramente.
Para mín neste modelo pareceume mellor xa que polo menos intentouno cambiar pero ainda así non mellorou a súa resolución.Este doulle un 4.5/10.
MidJourneyFree: como modelo de IA, céntrase na xeración de imaxes a partir de descricións textuais. Aínda que pode crear imaxes de alta calidade, non ten a capacidade de aumentar a resolución de imaxes existentes de forma nativa. Isto débese a que Midjourney xera novas imaxes baseadas nos prompts proporcionados, en lugar de modificar imaxes existentes.
Para aumentar a resolución dunha imaxe xerada por Midjourney, pódense utilizar ferramentas externas de mellora de imaxe.
Este modelo decepcionoume bastante, un pouco como DALL-E que non cumpriu o que lle pedín por iso doulle un 1/10
Leonardo AI: este modelo a pesar das súas capacidades de xeración de imaxes, presenta certas limitacións que é importante ter en conta. Unha das principais é a ausencia dunha función directa para aumentar a resolución das imaxes existentes. Isto significa que as imaxes xeradas ou cargadas manterán a súa resolución orixinal.
Ademais outros problemas que lle atopei a este modelo e que as imaxes que introducía non cargaban ben ou non deixaban poñelas para que as melloralas.
A verdade e que este para mín foi o peor modelo xa que ademais de non mellorar a imaxe deume dificultades para atopar o que eu quixera, por iso doulle un 0/10.
Krea.ai:
Krea AI distínguese polo seu intento de mellorar a resolución das imaxes, unha función que a diferencia doutros modelos. Aínda que en certas ocasións, como na imaxe que aparece arriba, non logrou aumentar a resolución desexada, é importante destacar que si cumpriu coa instrución principal que se lle deu.
A ferramenta demostra unha capacidade de interpretación e execución de comandos que, aínda que non sempre é perfecta en canto á resolución, si resulta efectiva na consecución do obxectivo principal.
Por iso voulle dar un 6/10 polo menos esta intentou mellorar a resolución das imaxes e fixoseme fácil atopar ás indicacións para o aumento da resolución das imaxes.
Let's Enhance:
A verdade é que a ferramenta fixo o que lle pedín ;aumentou a resolución da imaxe que lle mandei. A imaxe quedou moito máis nítida e con máis detalles, e iso gustoume moito.
Pero non todo foi perfecto. Houbo un problema que me chamou a atención: a cara da persoa que saía na imaxe quedou un pouco deformada. Non sei se foi un erro da ferramenta ou se a imaxe orixinal xa tiña algún problema, pero o certo é que a cara non quedou ben. É unha pena, porque o resto da imaxe quedou moi ben.
Penso que Let's Enhance é unha ferramenta útil para aumentar a resolución das imaxes, pero hai que ter coidado con este tipo de problemas. Por iso doulle un 8/10.
E esta foi a miña experiencia sobre os distintos modelos de xeración de imaxes, algúns xa non che deixaban poñer as imaxes xa que non tiñan esas funcións como:Firefly,Ideogram,Leonardo AI...etc.
Pero outras si que tiñan esas funcións como as dúas últimas que fixen pero con algúns defectos.