Mellora de resolución de imaxes
DALL-E: é unha intelixencia artificial deseñada para xerar imaxes a partir de descricións textuais, pero non pode aumentar a resolución de imaxes existentes. Para mellorar a calidade dunha imaxe, é mellor recorrer a software específico de escalado e restauración.A parte de todo esto recomendoume outros tipos de modelos como Topaz Gigapixel AI ou Waifu2x,para mellorar a nitidez ou os detalles sen alterar a imaxe orixinal.Solo que hai que pagar para utilizalas.
Para mín este modelo non cumpleu os requisitos que lle pedín así que voulle poñer un 2/10.
Stable Diffusion:
Para aumentar a resolución dunha imaxe xerada por Midjourney, pódense utilizar ferramentas externas de mellora de imaxe.
Krea AI distínguese polo seu intento de mellorar a resolución das imaxes, unha función que a diferencia doutros modelos. Aínda que en certas ocasións, como na imaxe que aparece arriba, non logrou aumentar a resolución desexada, é importante destacar que si cumpriu coa instrución principal que se lle deu.
A ferramenta demostra unha capacidade de interpretación e execución de comandos que, aínda que non sempre é perfecta en canto á resolución, si resulta efectiva na consecución do obxectivo principal.
A verdade é que a ferramenta fixo o que lle pedín ;aumentou a resolución da imaxe que lle mandei. A imaxe quedou moito máis nítida e con máis detalles, e iso gustoume moito.
Pero non todo foi perfecto. Houbo un problema que me chamou a atención: a cara da persoa que saía na imaxe quedou un pouco deformada. Non sei se foi un erro da ferramenta ou se a imaxe orixinal xa tiña algún problema, pero o certo é que a cara non quedou ben. É unha pena, porque o resto da imaxe quedou moi ben.
Penso que Let's Enhance é unha ferramenta útil para aumentar a resolución das imaxes, pero hai que ter coidado con este tipo de problemas. Por iso doulle un 8/10.
E esta foi a miña experiencia sobre os distintos modelos de xeración de imaxes, algúns xa non che deixaban poñer as imaxes xa que non tiñan esas funcións como:Firefly,Ideogram,Leonardo AI...etc.
Pero outras si que tiñan esas funcións como as dúas últimas que fixen pero con algúns defectos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario