¡Benvidos ao meu blog! Neste traballo exploraremos a capacidade da intelixencia artificial para transformar imaxes ao estilo de Dalí. Para iso imos poñer a proba diferentes modelos de xeración de imaxes, desde DALL-E ata outras ferramentas.
O obxectivo é analizar como a IA pode interpretar e recrear o estilo surrealista de Dalí, observando as fortalezas e limitacións de cada modelo.
Primeiro vouvos ensinar un cadro do artista Dalí, para ir orientándonos de como era a súa arte;
E agora a imaxe que ten que cambiar :
DALL-E:
é unha intelixencia artificial deseñada para xerar imaxes a partir de descricións textuais, pero non pode cargar imaxes para que as mellores ou non pode facer unha imaxe cun estilo diferente.
Por iso doulle un 0/10.
Stable Difussion:
Stable Diffusion é unha ferramenta de intelixencia artificial moi poderosa que pode xerar imaxes moi realistas e creativas a partir de texto. Porén, ten limitacións, e unha delas é a súa capacidade para imitar o estilo artístico dun artista específico como Salvador Dalí.
Ademais, Stable Diffusion está deseñado para xerar imaxes novas, non para replicar estilos existentes. Cando lle pides que xere unha imaxe ao estilo de Dalí, o que fai é intentar crear algo que se pareza, pero non será unha copia exacta.
Por iso voulle poñer un 4/10.
Krea Ai:
Os modelos de IA como Krea AI, aínda que son moi avanzados, están adestrados para xerar imaxes novas baseándose nos patróns e características que aprenderon dun conxunto de datos de adestramento. Cando lle proporcionas unha imaxe existente e lle pides que a "estilice" como Dalí, a IA non está deseñada para facer unha tradución directa e precisa do contido da túa imaxe ao estilo do artista. En vez diso, tenta aplicar elementos estilísticos que asocia con Dalí (como formas surrealistas, cores específicas, ou certos motivos visuais) á estrutura xeral da túa imaxe.
Neste caso non fixo como eu lle pedín xa que a imaxe que xerou non se parece en nada a inicial, por iso voulle dar un 4/10.
Letś Enhance e Ai Image Upscaler: son ferramentas moi útiles, pero o seu obxectivo principal é mellorar a calidade e resolución das imaxes, non alterar o seu estilo artístico de forma creativa. Aínda que ambas usan intelixencia artificial, o seu funcionamento e o seu adestramento están enfocados nunha tarefa diferente á de imitar o estilo dun artista como Salvador Dalí.
E neste último caso foi como as demais estas intelixencias solo melloran a calidade das imaxes e non o traballo de cambiar a imaxe nun estilo artístico diferente.
A este doulles un 3/10porque non é o seu fuerte e fan outras cousas ben.
As outras intelixencias xa non as probei xa que non puiden inxerir unha imaxe de referencia para que a cambiasen.
Ningún comentario:
Publicar un comentario